Por Ortigueira e moito máis

Publicada en Publicada en A CORUÑA, MARIA, VIAJES COMPARTIDOS

Somos María e Jose Luis esta é a nosa viaxe coas nosas fillas Antía e Noa, esperamos os sexa de axuda para crear a vosa propia.

Imos darvos algunhas ideas para que unha tarde en Ortigueira sexa moi especial, ahí van!!

Decidimos saír o sábado e como era un pouco tarde nos decantamos por un lugar cercano, toca a Ortigueira.

O noso día comenzou cun paseo polo pinar de Morouzos onde tamén comimos,

As nosas nenas lles encanta o picnic,

disfrutan máis o aire libre porque despois de xantar inda poden brincar un pouco e facer algunha voltereta.

E moi pretiño do pinar temos unha fantástica praia

praia de Mourozos

O único problema desta praia e o espacio, como é ben pequena igual tedes problemas co sitio

E despois de desfrutar un pouquiño desta praia, imos achegarnos a un lugar que vos recomendamos,

A Laguna De San Martiño

Un espacio protexido polo que darse un bo paseo por unha preciosa senda, abride ben os ollos é un sendeiro máxico, no que as aves e a natureza, serán as protagonistas.

Toca Pasear Xuntos

Noa e Antía practican ximnasia deportiva e xa lles tardan volver os entrenos, de tódalas maneiras sempre encontran o seu lugar e momento para practicar

Recordade, non podedes sair do sendeiro estamos nunha zoa protexida.

Agora visitamos O porto de Ortigueira

A pasear con tranquilidade,

Este edificio era o antigo Macedo Municipal

xogar e quitar fotos para capturar tódolos recordos

Unha boa forma de atrapar o tempo e cando voltemos comprobaremos como cambiou o lugar!

Tamén e bonito contemplar como os sitios se transforman coas estacións.

Ata tivemos tempo de buscar cangrexos entre as penas, nós temos moito coidado de non mancalos procurando só seguilos dende a distancia, gústanos saber qué farán e a onde van.

E despois a explorar un pouco e buscar rincóns máxicos, eses nos que habitan as risas dos nenos…

Parques

A mellor Natureza

Arte

Patrimonio

E así andando, andando descobremos O muiño de mareas

Aquí esta o noso máis lindo patrimonio, a nosa arquitectura tradicional.

Este muíño valíase da forza do mar para mover as rodas, xa ves os temos no río e tamen de mar,

ah e non os olvidedes dos muíños de vento.

Unha paraxe increíble e coa neboa inda se facía máis bonita e misteriosa

Antía e Noa desfrutaron moitísimo neste lugar

As rodas do muiño estaban a vista

Soe pasar canto máis cerca os temos, máis descoñecidos son,

e neste muíño nunca estivéramos,

eso sí repetiremos!

Este sendeiro encántanos,

Canto xogamos!

E xa de volta a casa paramos noutro lugar marabilloso,  O Castelo de Moeche e por hoxe acabáronse as rutas…

E aquí comenza a mellor lección de todas a acercar a historia os nenos

Explicamoslles que é un foxo.

As partes dun Castelo

Imaxinámonos como vivirían eiqui e cómo sería a sua vida

Nos convertemos en reis e princesas e desfrutaremos dun entorno de conto ata ben tarde

Paseamos os nosos mellores sonos e columpíamos as nosas ilusión co máis lindo sentimento,

o de que o futuro está nas suas máns e nas nosas esta ensinarlles que Galicia e moito máis,

Galicia son as suas raíces e o día de maña que valoren a sua terra e a nosa ilusión.

E terminamos esta instructiva visita con algo moi noso un

Cruceiro

e  coa Igrexa de San Xurxo en Moeche

Demasiadas emocións precisan dun bo descanso e para que todo o que aprendamos neste día asente, mezcraremos con mimo todos os ingredientes como cando fas un bo pastel.

“Diversión, lugares máxicos e moita ledicia o vivir unha grande aventura en familia”,

non che parece o postre máis bonito para as vosas vidas?.

 Gústame dicir que na vida se saborea cada instante porque os nenos crecen e nós tamén e o máis importante é

 VIVIR …

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *