Monfero e Fragas do Eume nun mesmo día é posible

Publicada en Publicada en FAMILIA, MARIA

Recoñezo que hoxe fumos algo lonxe coas nenas, só por verlles a cara, merece a pena ver a ilusión reflexada nos seus ollos…

¿Estaredes pensando a qué sitio especial as levamos?

Pois ahí vai a nosa viaxe espero, que os guste tanto coma a nós

A primeira paradiña foi no

Mosteiro de Santa María de Monfero

Hoxe era moi pronto polo que estaba cerrado pero xa o viramos por dentro noutras ocasións, está a medio restaurar pero a visita merece a pena.

 Despois e como facía moita calor non as fixen andar moito pero encántame este mirador e había que ir tirar un foto no

Miradoiro da Carbueira

Está na ruta dos Cerqueiros, os recomendamos facela

tedes unha ruta circular de catro kilómetros e medio ben sinxela

Tamén para os máis andarines temos unha ruta circular de 13-14 km que nos xa a fixemos algunha vez e recoñezo que a fan mellor as miñas nenas que eu pero hoxe non estaba o día para grandes recorridos, facía moito calor e a ruta e un chisquiño dura xa que tes que subir e baixar bastante, cando faga menos calor voltaremos.

AS FRAGAS DO EUME

Agora toca o mellor do día a montar no Kaiak cos seus primos Sara, Miguel e Jessica como nos acompañan poucas veces hai que desfrutar ben deles, xa vedes que teño uns sobriños ben mozos, son os padriños de Noa e aproveitan calquer ocasión para ver a sua afillada e pasar un rato especial xuntos, en verano e máis sinxelo coincidir. Antía ten os seu padriños tamén pero a verdade que os comparten perfectamente e o ser familia pois moito mellor, sen problemas.

O paseo en kaiak e polo encoro do Eume coa auga morniña é unha maravilla,

E é bastante asequible os bolsillos e vale a pena por suposto salir da rutina cun regalo así, non ten precio.

Os kayaks sí o teñen (precio) pero non me pareceu excesivo para o que regalan a mellor experiencia e as nenas xa lles tarda repetir

Nós utilizamos as de dous adultos e un neno, duas horas son 15 euros, toda a tarde 20 euros.

Un prezo razonable para o que intenta dar opcións de ocio en Galicia e aposta por facer da sua terra o seu medio de vida, pareceume un precio xusto e voltaremos seguro e só vendo as cariñas das nenas o diñeiro non me doe, está ben gastado, un día especial que recordarán sempre.

Miguel e Sara deixanas ata remar co kaiak, xa os imaxinades a ilusión de Noa e Antía,

Esto non hai quen o pague a ilusión dun neno fai que todo os esforzos teñan sentido

e  o que máis me gusta e que valoran as cousas pequenas e son moi agradecidas.

A natureza móstrase para as miñas fillas coma un libro aberto que están deseando descobrer e gracias o Kayak chegan a coñecer o corazón do Eume e ter o privilexio de contemplar a grandeza da natureza. Unha maravilla ver o mais profundo da fraga que de outra forma non veríamos,  aquí olvidamos os eucaliptos, a fraga pura, verde e mais verde o monte limpo,  auga crara “unha experiencia única” o que nos gusta o río Eume e na estación de choiva máxicamente desfrutaredes das fervenzas que aparecerán para deleitaros, recomendo facer o recorrido en kaiac en diferentes estacións porque o Eume e a sua paisaxe cambian moito con cada una delas…

FABEBOOK – FRAGAS DO EUME KAIAK
PÁXINA

O día acabouse con un mais que agradable baño e unha boa merendola

Xa de volta a casa unha paradiña no miradoiro de Cabría en Pontedeume

 Esta foto e de Antía puro espectáculo verdade!

Este é un miradoiro no que os solpores tocan un pouquiño a alma.

Non se pode termiñar o día millor

 

Deja un comentario