Hoxe FERROL

Publicada en Publicada en MARIA, VIAJES COMPARTIDOS

Hoxe imos achegarnos a Ferrol para facer unha ruta que nos encanta, moito patrimonio imos visitar en familia!

Estades preparados?

 Imos visitar un castelo, varias baterías, un faro, algún que outro miradoiro inda que os vou dicir un segredo, nesta viaxe terás un infinito miradoiro os noso azuis.

Toda boa excursión debería ter un bo parque no que os pequenos collan forzas, e oxisenen a imaxinación.

Pois eiquí, nun parque comenzamos o roteiro nun lugar no que Noa e Antía  desfrutaron dun especial momento 

“navegando na diversión”.

Agora que xa xogamos no parque toca descobrer un Castelo o Castelo de San Felipe, está moi preto do parque, se queres saber un pouco máis recoméndoche entrar neste enlace de Galicia Máxica.

Nos fixemos andando todo o roteiro e recomendo deixar o coche no aparcadoiro e ir andando pola costa ata a Fortaleza de San Cristovo son escasos 2 Kilómetros e medio. 

Todo o sendeiro vai o carón do mar, así que, respira profundamente, estás en Galicia.

Encontraréis moi prontiño unhas escaleiras, toca subir o miradoiro!

 e inmortalizade o instante cun bonito recordo!

Seguimos andando, non nos apetece parar son dous kilómetros escasos, veña é moi pretiño,

 Batería de Punta Viñas

As nenas encantoulles este fantástico patrimonio, a verdade que en lugares así é ben sinxelo deixar voar a imaxinación.

E tamén a nós craro!

Tedes 2 posibilidades o seguir camiño e facer tres kilómetros máis, se os nenos son grandiños e están acostumados a andar, será doado ou ben, voltar e ir co coche ata o Cabo prioiriño.

Non podedes marchar sen velo ou tamén te diría que podes marchar sen problema porque terás unha boa excusa para voltar a un lugar tan máxico.

Recorda que todo o que andes o vas ter que desandar e aquí as regras son craras, as distancias duplícanse e cos nenos a veces ata parecen triplicadas.

Unha retirada a tempo nos deixará bo sabor de boca e se os forzamos a continuar cando están cansos non será nin para eles, nin para nós un momento discernido, máis ben todo o contrario.

Consello: facede unha gran excursión, esas que duran todo o día e nas que sempre quedamos con ganas de máis.

Eiquí tedes moitas praias nas que refrescaros e tomar forzas para proseguir o camiño,

así que, todo o día en Ferrol será un bo plan.

Esta será unha viaxe que ides repetir moitísimas veces.

Recorda as rutas adáptanse a familia e sodes vos os que elexides como facelas.

Unha vez que cheguedes o Cabo Prioriño, contemplade o seu bonito faro

 Non os olvidedes de baixar as Baterias

e sentade a contemplar a marabillosa paisaxe de ensoño,

toda enmarcada no azul infinito do noso mar

Toca volver a subir por esas escaleiras máxicas, polas que baixamos, só aptas para valentes aventureiros,

para acercarnos…

 A un gran centro de interpretación e xa alí e dende as alturas,

inmortalizades outro máxico instante,

agora tocalles a Noa e Antía sacarnos unha foto os papás.

Quén da máis?

Praias, sendeiros, castelos, baterias, o noso patrimonio, vistas o mar e moita, moitísima diversión.

Galicia é Máxica crea momentos únicos en familia!

Deja un comentario