galiciamaxica_34-collage

A maxia de Santiago

Publicada en Publicada en FAMILIA, MARIA, VIAJES COMPARTIDOS

Esta fin de semana decidimos descubrir unha cidade, empaparnos coa sua historia, sentir dende os pés o seu corazón  e deixarnos levar un pouco polo bullicio da xente que de aquí para acolá a descobre.

Aparcamos o silencio e a tranquilidade das escapadas naturais que máis lle gustan a Noa (¿terá algo que ver que quere ser veterinaria?) para misturarnos no bullicio dunha cidade monumental e histórica que encandilan a Antía (¿terá algo que dicir que quere ser escritora?). En cuestión de gustos está craro que non poden ser máis distintas, por iso se complementan tan ben.

Difícil aburrirse en familia con elas será por opcións en Galicia.

Non tivemos moito problema a hora de elexila , direivos a verdade,  non e que sexa adiviña pero Santiago retumbaba na miña cabeza como o eco das voces das miñas nenas e como os papás tampouco nos desgustaba a idea de voltar, dixemos que sí, craro. Temos ido varias veces para visitar a nosa familia pero é unha cidade que coma por arte de maxia sempre nos sorprende…

As suas rúas,

Os seus soportais,

O seu halo de misterio

A melancolía do que vai a ela ou volta como a gran peregrinaxe

da sua vida.

Sentimos en familia o asombro do que a descobre por primeira vez, a lagrima contida

e a risa nerviosa do que por fin chega a meta.

 

Percibimos o sentimento do que volta e a redescobre con abraio

Nun momento xa estabamos alí,

 parte dun todo, misturándonos entre a multitude

porque se algo ten Santiago, a nosa Meca galega

e o sentimento compartido de embruxo e o de cidade meiga que enamora

Xente que chega ou que se va,

xente de paso e xente que vive nela,

todos desfrutan do arte dunha cidade monumental,

do valor das suas pedras,

da esencia a peregrino,

da vida que nela se respira.

Así que, desfrutamos da historia e o arte en Santiago.

Non podedes imaxinar a de xente que había ( si que podedes ¿verdade?), mesmo parecía que regalasen algo e sí que regalaban, luxo para a vista e os sentidos porque só contemplar a marabillosa Catedral, xa vale a pena a viaxe e  que embelesa a calqueira, grandes ou maiores eiqui nos transformamos todos en nenos curiosos.

É  todo distracción para as nenas, contamos cantos pelegríns levan concha, que linguas escoitamos,

todo xogo é benvido e máis se é inventado en familia.

Callexeamos, callexeamos.. e todo nos gusta e queremos moito máis.

Tamén visitamos a familia de Santiago, así Noa e Antia coñeceron da mán dos mellores guías, esta bonita e monumental cidade…

Reencontros máxicos sellados con grandes pertas

Non podíamos deixar de visitar

O Estanque del Auditorio de Galicia

Aquí o tempo voa

Nunca mellor dito

E a Alameda

E cómo non íbamos visitar as “Marias”

co tío Antonio e papá

E como sodes parte xa da nosa familia, os contaremos un segredo, tamén fumos a Santiago a coñecer un novo local de tapeo que a familia de Jose inagurou, están moi ilusionados con este novo proxecto porque con él pretenden crear un espacio no que Galicia estará  moi presente.

Xa o nome o dí todo, unha gran homenaxe a bisavoa

Riquela 

ASÍ EMPEZABA O SONO 

E como nos encanta formar parte da ilusión da familia e como neste local a parte de boa comida, boa música e bo ambiente (no no digo por dicir 😉 )… haiche un cachiño ben grande da nosa terra, o recomendamos.

O día que fumos nós, desfrutamos deste concerto e Antía e Noa desfrutaron do lindo.

Todo nel ten moito mimo, comentábanos que as  estanterías tiñan máis de 10o anos e que as columnas, datan de finais do século XIX, bo acerto de local pero a verdade o que máis gustoulles as nenas foi a decoración con sabor a outros tempos, radios, máquinas de escribir…Bueno que non me enrollo máis que xa puxen o meu graniño de area e compartín outra xoia que tes que coñecer en Santiago,

Graciñas

 ANTÍA E NOA RECOMENDAN ESTA VIAXE

2 comentarios en “A maxia de Santiago

Deja un comentario